Saltar ao contido

Juan Bautista Pérez de Cabo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Bautista Pérez de Cabo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor en Wikidata
O Carballiño, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 1941 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Alacant, España Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaFalangismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4580157

Juan Bautista Pérez de Cabo, nado no Carballiño cara a 1895 e finado en Alacant o 5 de novembro de 1941, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Natural do Carballiño,[1] emigrou a Cuba. Traballou na prensa cubana. En marzo de 1932 retornou a Galicia con Adelardo Novo,[2] e instalouse en Ourense. Alí colaborou cos periódicos Galicia, La Zarpa e Heraldo de Galicia, con artigos en clave autonomista, apoiando as teses fiscais de Alexandre Bóveda. Foi directivo do Partido Republicano Gallego de Ourense, do que se escindiu para crear o Partido Republicano Gallego Independente, co que se presentou ás eleccións de 1933.[3] Non resultou elixido e pasou a apoiar aos carlistas e falanxistas ourensáns. En abril de 1934 anunciouse a aparición do periódico El Clarín en Ourense, que ía dirixir Pérez de Cabo, aínda que nunca viu a luz.[4] Foi presidente da Confederación Universal de Sociedades Gallegas.[5]

En 1935 publicou un dos primeiros libros sobre o nacionalsindicalismo, Arriba España,[6] prologado por José Antonio Primo de Rivera.

En xaneiro de 1936 colaborou coas Juventudes de Acción Popular e co semanario carlista España, e despois achegouse ao tradicionalismo e fundou unha sociedade conspiradora denominada "Caballeros de Santiago", que tiña por emblema unha cruz de Santiago enriba dunha caveira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 publicou case diariamente en La Región artigos a favor dos sublevados e da represión contra os republicanos. Foi nomeado inspector provincial de Requetés da Comuñón Tradicionalista, encargándose da instrución militar dos mozos carlistas e acompañándoos ás frontes de guerra. Logo da unificación, ingresou en FET y de las JONS.

En 1939 foi nomeado delegado de Auxilio Social de Valencia.[7] En decembro dese ano pasou a formar parte da clandestina Junta Política de Falange Auténtica -en representación de Levante-,[8][9] oposta á liña oficialista e franquista de FET y de las JONS. Desde o seu cargo de delegado do Auxilio Social estivo implicado no estraperlo de produtos de primeira necesidade. Foi detido polas autoridades franquistas acusado de estraperlo. Condenado a morte, foi fusilado en Alacant o 5 de novembro de 1941.[10][11] A súa execución foi utilizada como «chivo expiatorio» por todos os casos de estraperlo,[12] pero tamén como castigo exemplarizante polas conspiracións de Falange «auténtica».[13]

  1. Ribalta 1995.
  2. Vida Gallega, 30-3-1932, p. 10.
  3. El Pueblo Gallego, 10-11-1934, p. 12.
  4. El Pueblo Gallego, 20-4-1934, p. 9.
  5. El Heraldo de Madrid, 27-3-1935, p. 1.
  6. Thomàs 1999, p. 250.
  7. Romero Cuesta 1976, p. 72.
  8. Ruhl 1986, p. 317.
  9. Ellwood 1984, p. 207.
  10. Payne 1999, p. 371.
  11. Suárez Fernández & Espadas Burgos 1991, p. 75.
  12. Romero Cuesta 1976, p. 73.
  13. Cazorla Sánchez 2000, p. 87.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cazorla Sánchez, Antonio (2000). Las políticas de la victoria: La consolidación del Nuevo Estado franquista (1938-1953). Madrid: Marcial Pons. ISBN 84-95379-19-8. 
  • Ellwood, Sheelagh M. (1984). Prietas las filas. Historia de Falange Española, 1933-1983. Editorial Crítica. 
  • Payne, Stanley G. (1999). Fascism in Spain, 1923–1977. Madison: University of Wisconsin Press. 
  • Ribalta, Xabier (6-8-1995). "Crónica del fusilamiento de un falangista por robar botes de leche". La Voz de Galicia: 30. 
  • Romero Cuesta, Armando (1976). Objetivo, matar a Franco. La Falange contra el Caudillo. Ediciones 99. 
  • Ruhl, Klaus-Jörg (1986). Franco, Falange y «Tercer Reich»: España en la Segunda Guerra Mundial. Akal.